Personal tools
A Network of Excellence forging the
Multilingual Europe Technology Alliance

META-NET White Paper Series: Galician

The Galician Language in the Digital Age / O idioma galego na era dixital

Series editors: Georg Rehm, Hans Uszkoreit

Authors

Contributors

This Volume

The Series

Preface

This white paper is part of a series that promotes knowledge about language technology and its potential. It addresses journalists, politicians, language communities, educators and others.

The availability and use of language technology in Europe varies between languages. Consequently, the actions that are required to further support research and development of language technologies also differ. The required actions depend on many factors, such as the complexity of a given language and the size of its community.

META-NET, a Network of Excellence funded by the European Commission, has conducted an analysis of current language resources and technologies in this white paper series. The analysis focused on the 23 official European languages as well as other important national and regional languages in Europe. The results of this analysis suggest that there are tremendous deficits in technology support and significant research gaps for each language. The given detailed expert analysis and assessment of the current situation will help maximise the impact of additional research.

As of November 2011, META-NET consists of 54 research centres from 33 European countries. META-NET is working with stakeholders from economy (software companies, technology providers and users), government agencies, research organisations, non-governmental organisations, language communities and European universities. Together with these communities, META-NET is creating a common technology vision and strategic research agenda for multilingual Europe 2020.

Prefacio

Este libro branco é parte dunha serie de libros que fomenta o coñecemento sobre a tecnoloxía lingüística (TL) e o seu potencial. Está dirixida a xornalistas, políticos, comunidades lingüísticas, profesores de idiomas, e público en xeral.

A cobertura e o uso de tecnoloxías lingüísticas en Europa varía dun idioma a outro. Como consecuencia, as accións precisas para dar apoio á investigación e o desenvolvemento varían, e os pasos a seguir dependen de diversos factores, tales como a complexidade da lingua ou a dimensión da súa comunidade.

META-NET, unha Rede de Excelencia da Comisión Europea, afrontou este reto poñendo en marcha unha análise da situación actual das tecnoloxías e dos recursos lingüísticos. A análise céntrase en 23 linguas europeas oficiais e en varias linguas rexionais de relevancia. Os resultados da análise suxiren que en cada lingua existen moitas carencias significativas. A análise e avaliación detalladas da situación de cada unha das linguas por parte de expertos axudará a maximizar o impacto das tecnoloxías lingüísticas e a minimizar calquera risco asociado.

Con data Novembro de 2011, META-NET está formada por 54 centros de investigación de 33 países europeos. META-NET está a traballar con partes interesadas de economía (compañías de software, provedores de tecnoloxía e usuarios), axencias gobernamentais, organismos de investigación, organizacións non-gobernamentais, asociacións e universidades europeas. Xuntamente con elas, META-NET está a crear unha visión da tecnoloxía común e unha axenda de investigación estratéxica para a Europa multilingüe do 2020.